Un home é atropelado no peirao de Porto do Son

02 Maio 2022

Un home resultou ferido de gravidade ao ser atropelado por unha furgoneta no peirao de Porto do Son.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través da persoa que conducía o vehículo, ás dúas e cuarto desta tarde. Segundo indicaba na súa comunicación, golpeara ao home cando circulaba marcha atrás.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, no operativo tamén interviñeron, tras alertados desde o 112 Galicia, os membros de Protección Civil e os axentes da Policía Local e da Garda Civil.  O home duns 50 anos de idade e veciño do lugar de Outeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.