Os socialistas de Ribeira requiren a creación dunha área de estacionamento express en Palmeira

15 Outubro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE

20191015. O PSdeG-PSOE ribeirense solicita a creación dunha zona de aparcamento express, cun tempo límite de 15 minutos, na rúa Mestre Lorenzo Mene Trabadell, concretamente fronte á Sociedade Fillos de Palmeira, no espazo existente entre o paso de peóns e os contedores do lixo. Segundo manifesta o grupo municipal, a razón desta petición reside en que os camións de reparto, de mercancías e bebidas, “adoitan situarse sobre a beirarrúa, durante o labor de carga e descarga” e “obstaculizando, á súa vez, a circulación peonil polo borde da vía pública, debido á falta de espazo na mencionada beirarrúa”, así como “dificultando a circulación rodada debido á merma na visibilidade e o espazo resultante na calzada, tras a irregular operación.”

Con esta medida, a formación pretende regular o estacionamento de vehículos na citada vía, amparándose en que a nova ordenanza de tráfico do Concello de Ribeira contempla a implantación deste tipo de prazas en áreas concretas do municipio.

Por outra banda, os socialistas requiren a instalación dun contedor destinado ao depósito de plásticos, no lugar anexo á zona express, pois entenden que “hai necesidade do mesmo no entorno da localidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.