Un incendio provoca danos nun barco atracado no peirao de Muros

26 Abril 2022

Un incendio nun barco atracado no peirao de Muros causou danos na embarcación, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Concretamente, arderon varias redes e material de pesca na parte dianteira do barco.

Os feitos sucederon moi preto das cinco da pasada madrugada. Foi a esa hora cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do incendio ao 112 Galicia e, axiña, os xestores do CIAE-112 Galicia requiriron a intervención do GES de Muros e da Garda Civil.

Ademais, desde o 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo, aos Bombeiros de Cee, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión