A Rede Cultural da Deputación programa 1.408 espectáculos en todos os concellos da Coruña

13 Abril 2022

Comeza unha nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña e faino, de partida, programando un total de 1.408 espectáculos en todos os concellos da provincia. Trátase da programación que atinxe aos concellos e que hoxe publica o BOP, mais nas vindeiras semanas  sumaráselle a programación relativa ás entidades sen ánimo de lucro – aquelas que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura- e que poden solicitar espectáculos ao abeiro do programa ‘Alicerce’.

Os 1.408 espectáculos que programan os concellos neste 2022 e primeiro trimestre do 2023, correspóndense cunha achega total da Deputación da Coruña de 1.509.836,71€ que, en palabras do deputado de Cultura, Xurxo Couto “consolidan a Rede Cultural como un circuíto sólido, estable e comprometido coa cultura ao vivo no territorio”.

Propostas escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta que a Rede Cultural da Deputación da Coruña programará nos concellos. Por modalidades, serán 198 películas do programa “Visións”; 174 actuacións da modalidade “Lingua a escena” destinada á promoción do galego a través da cultura; 112 do programa ‘Alicerce’ que se corresponde propostas de cultura non profesional e, o groso do programa, un total de 924 actuacións de artistas e compañías profesionais das que 522 son obras teatrais, 299 concertos musicais, 65 espectáculos de maxia e 38 de danza.

Convén lembrar, que a Deputación asume un total do 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5.000 habitantes, un 60% nos que van até 20.000, un 50% dos que teñen de 10.000 a 20.000 habitantes, un 40% no seguinte tramo até 50.000 e finalmente un 30% é a achega da institución nas tres cidades que superan 50.000 habitantes. A este respecto, Xurxo Couto lembra que “a distribución das achegas busca promover que toda a cidadanía do territorio teña acceso a unha programación cultural de calidade, independentemente de se vive nun concello con menos ou máis poboación ou con menos ou máis recursos económicos”.

Os catro programas que conforman o catálogo da Rede Cultural son “Escena ao vivo!”, para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo; “Visións”, para cinema e contidos audiovisuais; “Lingua a Escena!”, para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega; e “Alicerce”, para grupos de música, danza e teatro non profesionais.

No caso de “Alicerce”, ademais dos concellos, nesta edición tamén se abriu convocatoria para contratar propostas deste programa por parte de entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Dependendo do volume de solicitudes, a achega provincial será neste caso de entre un 70% e un 50%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.