Este sábado o porto de Ribeira acolle a feira “Ambar na Rúa”

08 Abril 2022


Este sábado 9 de abril o porto de Ribeira acolle a actividade Ambar na Rúa, unha feira de carácter artesanal e artístico na que as creadoras e creadores que asisten os obradoiros ocupacionais da asociación comarcal de persoas con diversidades funcionais serán as/os protagonistas. Dará comezo ás 10:00h e rematará as 15:00h no paseo do Malecón de Ribeira.

O programa inclúe a celebración simultánea de distintos obradoiros:
• Artesanía en vivo
• Obradoiro infantil de encadernación
• Obradoiro colaborativo artístico
• Peza artística de agradecementos
• Stand sobre servizos e proxectos
• Venta de produtos solidarios artesanais
• Espazo de charla e conversación entres artistas e artesás
Como peche do evento celebrarase un concerto da artista local Lau Panicanela, de 14:00h a 15:00h.
Cronograma do evento
10:00h Comezo do evento
14:00h Concerto
15:00h Fin do evento

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.