O 11 de abril a rapazada de Noia ten unha cita cos contos da galiña Rosiña

06 Abril 2022

O mes de abril é un dos grandes meses literarios do ano, xunto co de maio e, xa postos, todos os demais. Tendo en conta isto e máis a coincidencia coas vacacións de Semana Santa, Cultura de Noia organizou para o vindeiro día 11 un contacontos e un obradoiro infantil da man de Elena Menéndez Muñoz: o espectáculo A galiña dos ovos de conto. Será na Biblioteca Municipal.

Terá unha duración de aproximadamente 70 minutos e está especialmente indicado para crianzas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Para participar cómpre facer a inscrición no correo programacionconcellodenoia@gmail.com ou chamando por teléfono ao 981 82 41 69 de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

O argumento ponnos na pel de Rosiña, unha galiña que, coma todas as galiñas do mundo, pon ovos, pero non son uns ovos calquera: os de Rosiña son ovos de conto…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión