Un total de 54 alumnos comezaron a súa formación de Educación Secundaria para Adultos en Boiro

09 Outubro 2019

20191009. Esta semana comezaron en Boiro as clases de Educación Secundaria para Adultos coa participación dun total de 54 alumnos, os cales cursarán estas ensinanzas destinadas a maiores de 18 anos que non posúen o título da Educación Secundaris Obrigatoria (ESO). Deste xeito, terán a oportunidade de adquirir, actualizar ou complementar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas figuran os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, así como adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. A aula de educación de adultos de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose ao municipio o profesorado do centro nas avaliacións.

Os cursos son cuadrimestrais, en horario de 20.00 a 22.00 horas, posibilitando a compatibilidade coa xornada laboral. Nesta convocatoria hai matriculados 54 alumnos entre os catro módulos -1º, 2º, 3º e 4º- con posibilidade de realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, naturais, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e sociais.

A concelleira de Educación, María Outeiral, asistiu tamén ao inicio das aulas para darlle a benvida aos alumnos. Desde o Concello de Boiro manifestan que apostan por estas ensinanzas para mellorar o desenvolvemento persoal e profesional dos alumnos que, neste 2019-2020, proceden tanto de Boiro coma dos municipios de Rianxo, A Pobra do Caramiñal,  Ribeira e Porto do Son. 

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.