SEA achega rebaixas no custo do solo nos seus polígonos

22 Marzo 2022

A sociedade SEA (Solo Empresarial do Atlántico), entidade rstatal dependente do Ministerio de Transportes a través de SEPES, lanzou un programa de impulso dos seus polígonos empresariais, con medidas que permiten reducir o custo da superficie.

Segundo explicou a xerente Beatriz Sestayo, nunha medida pioneira en SEA “pero coherente co seu obxectivo de impulso á dinamización empresarial”, o consello de administración celebrado en marzo, o primeiro deste ano 2022, aprobou modificacións no concepto de solo en dereito de superficie.

Debido “ao feito de que resulta de interese xeral para continuar xerando postos de emprego e riqueza nas comarcas e zonas nas que se sitúan os seus 13 parques empresariais”, o consello aprobou a licitación de novos dereitos de superficie con opción de compra, en determinadas parcelas dos parques de Muros, Vimianzo, Malpica, Mondoñedo e Catoira.

“Isto supón non só novas superficies nesta opción senón, nalgúns casos, cunha rebaixa concreta do prezo de opción de compra”, sinalou Sestayo, engadindo que por parques, no de Mondoñedo ofértase toda a superficie do parque empresarial en opción de dereito de superficie pero, ademais, rebáixase o prezo de opción de compra dos 55 euros metro cadrado actuais a 49,50.

No caso de Malpica, onde xa se ofertaba neste réxime toda a totalidade do parque empresarial, rebáixase o prezo en opción de compra a 58,50 euros metro cadrado.

En Catoira, ofértase a totalidade do parque (21 parcelas, 49.518?87 metros cadrados en total) en réxime de dereito de superficie, a un prezo de 75 euros metro cadrado, fronte aos 78 anteriores.

En Vimianzo, mantense a superficie total destinada a opción de compra, aínda que se modifican as parcelas ofertadas e rebáixase o prezo ao da venda directa actual, é dicir, 57 euros metro cadrado.

En Muros tamén se sitúa o prezo de venda en dereito de superficie do mesmo xeito que o de venda directa, en 79,90 euros, e diversifícase e aumenta a oferta de parcelas, con opcións tamén en mazás de uso terciario.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.