Noia recorda a Prudencio Romo, co-fundador de Los Tamara, 15 anos despois do seu falecemento

22 Marzo 2022

O 19 de marzo cumpríronse 15 anos do pasamento do músico, co-fundador do grupo Los Tamara e Fillo Predilecto de Noia, Prudencio Romo González. O Concello e a cidadanía quixeron honralo e recordalo nas redes non só polas súas importantes contribucións artísticas, senón tamén por ser un gran recuperador da tradición popular musical da comarca de Noia, ao que cómpre engadir o seu importante labor de difusión da poesía galega.

En palabras do Concello, que recordou a Prudencio Romo nas redes sociais, “no seu amor á música, levou o nome de Noia e Galicia polo mundo, agasallándonos cun traballo cultural que queremos lembrar para que a súa memoria siga viva”.

A súa figura está presente en Noia, dando nome ao Local de Ensaio dende o 2010 e a través da impoñente presenza da escultura que o recorda e lle rende homenaxe na Alameda de Noia. “As súas cancións e letras seguen cantándose e permanecen na memoria de novos e non tan novos”, engaden dende Cultura do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...