O Concello de Boiro pon recursos a disposición da poboación ucraína e familias acolledoras do municipio

21 Marzo 2022

O departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro convocou unha xuntanza coa poboación ucraína que se atopa no municipio para informala dos trámites a realizar e os recursos postos á súa disposición. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, asistiron á xuntanza xunto coas traballadoras sociais e educadora familiar.
Á xuntanza, ademais da poboación ucraína que se atopa no municipio e as familias acolledoras, asistiu un tradutor do idioma, e tamén unha intérprete de lingua de signos ao atopase poboación sordomuda entre os refuxiados.
Na xuntanza abortáronse os trámites administrativos que as persoas refuxiadas teñen que levar a cabo para a súa estancia en España, os trámites para calquera tipo de asistencia sanitaria que precisen, así como a escolarización dos rapaces e rapazas.
O concelleiro de Servicios Sociais, Raul Treus, defendeu o labor dos servizos sociais “a primeira administración, a mais avanzada, continúan sendo as entidades locais, e necesitamos fondos adicionais para unha inclusión completa e integral destas persoas que chegan na maioría dos casos sen coñecer o idioma e sen recursos”.
O Concello de Boiro puxo a disposición das familias acolledoras así como da poboación ucraína todos os medios necesarios para facilitar a tramitación da documentación así como a integración das persoas refuxiadas.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, quixo agradecer ás familias de acollida “polo enorme esforzo que supón acoller a persoas refuxiadas e a gran aportan que realizan para o benestar destas familias”.
Asemade, agradeceu tamén a disposición total e absoluta do pobo de Boiro, que ofreceu vivendas baleiras, alimentos e outros elementos de primeira necesidade; clubs deportivos e entidades culturais están ofrecéndose para que os refuxiados podan realizar actividades complemente gratuítas e fomenta a
súa inclusión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.