O teatro para escolares é o gran protagonista da axenda cultural da Pobra no que resta de marzo

18 Marzo 2022

O Concello Pobra do Caramiñal vén de compartir a súa axenda cultural para este punto de inflexión entre o inverno, que enfía a súa recta final, e a primavera que xa peta na porta. A gran protagonista do programa é a mostra de teatro para escolares que se compón dun total de 5 funcións. Terán lugar do 22 ao 28, ás 11.30 horas, no Teatro Cine Elma.

Formato diferente

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explicou que se ofrece “un formato diferente respecto aos anos anteriores” e que “se busca recuperar as saídas ao teatro coa escola”. Ao estar destinado aos centros educativos da localidade, non se require a inscrición previa. Asistirán máis de 600 alumnos e alumnas entre o CEP Salustiano Rey Eiras, CEP Pilar Maestú Sierra, EEI Fernández Varela, Monte Carmelo, e unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

Comezamos con Palma repalma

A primeira das sesións chegará no día 22 con Palma repalma, de Teatro Calavera. Ambientada nun souto encantado onde viven animais e algúns seres máxicos, empregaranse xogos musicais e da maxia para achegar as nosas raíces con cancións tradicionais e populares do noso folclore.

Continuará no día 23 con O libro xigante, de Expresión Producións. Trátase dun espectáculo de marionetas, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo. Esta historia comeza cun libro máxico xigante do que aparecen uns fantásticos personaxes para divertimento do público.

No día 24 será a quenda de Os Trotasongs, de Conticánticos, onde unhas misteriosas personaxes aparecen en escena na súa nave para compartir coas persoas asistentes o seu máis prezado segredo: a maxia da maleta na que gardan as cantigas que recollen nas súas viaxes a través do tempo e do espazo.

Xa no día 25, Isla Letriska presenta Letriska Inmobile, que combina disciplinas de novo circo e clown con excentricidades e xogos co público.

O ciclo chegará ao seu fin no día 28 con A feira das linguas, de Lydia Botana. Consiste nun teatro musical para que as nenas e os nenos se acheguen á historia da nosa lingua coas cancións en galego-portugués ata os ritmos máis actuais como o trap ou rap.

O dito programa está organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.