A Xunta convoca cinco cursos para ampliar a capacitación dos patróns costeiros polivalentes

14 Marzo 2022

A Consellería do Mar vén de convocar cinco cursos para as persoas que posúan o título de Patrón Costeiro Polivalente e queiran ampliar as súas atribucións como primeiro oficial de ponte co obxectivo de atender a demanda rexistrada neste eido e favorecer a remuda xeracional. Deste xeito Galicia sitúase á vangarda nesta oferta formativa que permite aos patróns costeiros polivalentes adquirir os coñecementos necesarios para actuar como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora.
Destes cinco cursos poderán beneficiarse un total de 125 persoas -25 por curso- e realízanse en colaboración coas confrarías de pescadores. Dous deles impartiranse na Escola Oficial-Náutico Pesqueira de Ribeira, outros dous no Instituto Politécnico Marítimo- Pesqueiro do Atlántico de Vigo e un na Escola Oficial-Náutico Pesqueira de Ferrol. O prazo de matrícula abriu hoxe e prolongarase ata o 25 de marzo, día incluído, e as persoas interesadas deberán facela na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Galicia oferta esta formación no marco da orde estatal que desenvolve o real decreto que regula os títulos profesionais do sector pesqueiro en relación co título de Patrón Costeiro Polivalente. Trátase da primeira oferta formativa que a Xunta realiza neste ámbito e á que lle dará continuidade nos próximos meses.
Para a súa programación, a Consellería do Mar realizou consultas previas ás entidades asociativas do sector co fin de coñecer as necesidades neste eido e realizar unha convocatoria que estea o máis adaptada posible ás demandas dos seus potenciais beneficiarios.

O primeiro dos cursos da Escola Oficial-Náutico Pesqueira de Ribeira celebrarase entre o 19 de abril e o 19 de maio de luns a xoves e en horario de 15:30 a 20:00 horas. O outro curso que se impartirá neste centro será entre o 1 e o 21 de xuño de luns a venres e en horario de 9:00 a 14:30 horas. Na Escola Oficial-Náutico Pesqueira de Ferrol esta formación impartirase entre o 23 de maio e o 17 de xuño de martes a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas. No Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico un dos cursos é do 19 de abril ao 25 de maio, de luns a xoves entre as 15:30 e as 19:30 horas e outro do 31 de maio ao 21 de xuño de luns a xoves en horario de 8:15 a 13:45 horas.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos poden consultar os requisitos necesarios e a documentación que teñen que presentar tanto na páxina web da Consellería do Mar como nos centros formativos nos que se impartirá esta formación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.