A Casa da Cultura da Pobra estrea mostra pictórica da artista Marcela Morono

07 Marzo 2022

A Pobra acolle dende hoxe na súa Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler a mostra de Retratos emocionais, da artista Marcela Morono. Trátase dun conxunto de trinta obras que lle serven á autora para facer o seu debut no mundo das exposicións pictóricas, algo que, segundo apuntou, “levoume 60 anos conseguir…e, ao final, logreino.”

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) salientou que se trata dunha exposición “chea de sensibilidade” na cal cada un dos cadros reflicte unha emoción, algo significativo para a artista.

En canto á técnica, predomina o óleo e o acrílico, e as escenas representadas inspíranse en situacións sociais e persoais, cancións, etc. No que respecta á temática, esta resulta variada, con predilección pola muller e a natureza.

Engadir que esta mostra permanecerá na casa da cultura da Pobra deica o día 25 de marzo e as visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...