Cáritas con Ucraína. A Parroquial de Ribeira súmase con aportación á campaña diocesana

04 Marzo 2022

Cáritas Diocesana puxo en marcha axuda humanitaria para Ucraína, para o equipamento dos seus centros nese país, así como asistencia e refuxio aos cidadáns.

As doazóns son especialmente importantes nun momento no que se intensifica a invasión rusa ás principais cidades e no que faltan alimentos e medicinas básicas en supermercados e farmacias.

Cáritas conta con 11 centros no país, entre eles en Kyiv, Odesa ou Dnipro.

Cáritas Riveira uneuse cunha aportación inicial á campaña iniciada a nivel diocesano de axuda a Ucraína. Desde a ONG católica faise unha chamamento para que se fagan aportacións para axudar o pobo onde Cáritas conta con 11 centros no país. As aportacións pódense facer nas contas habilitadas para tal fin.

Contas bancarias para facer aportacións.:

O arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Julián Barrio, e o bispo auxiliar Monseñor Francisco Prieto, participaron este xoves na igrexa de Santa Susana unha oración ecuménica para pedir a paz en Ucraína.

O evento foi organizado polo delegado de ecumenismo da diocese, Francisco Buíde. Na oración participaron fieis de diferentes confesións como a católica, a anglicana, a ortodoxa ou a evanxélica.

O encargado de presidir a celebración foi o pai Vasili, sacerdote da igrexa de Constantinopla e natural de Ucraína.

O arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio, destacaba estes días en Twitter que “a guerra é sempre unha derrota para a humanidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.