Xornada de portas abertas do Coworking da Pobra no 10 de marzo

04 Marzo 2022

Baixo a premisa de contribuír a dinamizar e dar a coñecer o Coworking da Pobra, o cal se
atopa adherido á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, no 10 de marzo terá lugar unha xornada de portas abertas segundo indicaron a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); e Fátima Rodríguez, en representación de Promove, a empresa que se encarga da asistencia técnica.
Esta acción está aberta a toda a poboación en xeral e especialmente dirixida a aquelas persoas que estean pensando en emprender. A instalación poderá visitarse en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 horas. Durante esa xornada ofreceranse titorías individualizadas aos coworkers actuais, poderanse solicitar citas para asistencia técnica e resolveranse dúbidas e amosarase o centro a todas aquelas persoas
interesadas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...