O CIM Terras de Iria estrea este sábado un audiovisual colectivo no que participan 35 mulleres de Dodro, Rois e Padrón

04 Marzo 2022

O Centro de Información á Muller Terras de Iria, integrado e impulsado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, informou dunha importante actividade enmarcada no programa de celebración do 8M, o Día Internacional da Muller. Trátase da estrea do vídeo-clip Sororidade, un proxecto musical colectivo no que participan 35 mulleres da comarca do Sar, entre as que se atopan as seguintes: Marta Fernández Muñiz, Ana Muñiz Abuín e Carmela Caro Alcalde (empresarias e traballadoras do sector da pel), Milagros Gómez Reboiras (empregada forestal), Sandra Méndez Castro (representante da Escola Municipal de Música de Padrón) e Alba Romero Portas (pandeireteira).

Sororidade é unha peza musical tradicional, con letra e arranxos de Jéssica Beiroa Fernández, interpretada por 10 cantareiras de diferentes agrupacións folclóricas da comarca.

A estrea é o sábado 5 de marzo, ás 12.00, no Auditorio Municipal de Rois.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.