O Enterro da Sardiña en Noia será este venres con saída do Curro ás 20.30 horas

03 Marzo 2022

O Concello de Noia tamén decidiu adiar este Mércores de Cinza os actos do seu tradicional Enterro da Sardiña, unha das actividades estrela do Entroido local, e fíxoo “debido ás condicións meteorolóxicas adversas”. Mantívose, iso si, a actuación da charanga Likor-K polas rúas da vila a partir das 19:00h.O último adeus á sardiña quedou finalmente aprazado para este venres, 4 de marzo. Ás 20:30h a comitiva ten previsto saír do Curro e a cidadanía terá a posibilidade de acompañar á defunta ata o paseo marítimo, onde, como é tradición, será pasto do lume. Ademais, tamén haberá unha Discoteca Móbil ata as 23:00h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.