SumaRibeira esixe o cumprimento dos acordos en materia de transparencia e accesibilidade á información

02 Marzo 2022

SumaRibeira, a través do concelleiro Xurxo Ferrón Vidán, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativa ao fomento da transparencia a nivel municipal e á accesibilidade á información do concello. A agrupación, na súa proposta, remítese a tres peticións concretas de seu (sobre dixitalización da información municipal, aprobada por unanimidade no pleno de 29 de xaneiro de 2019; sobre o impulso á transparencia municipal; e sobre o fomento da accesibilidade na información municipal, aprobada no pleno de 20 de novembro de 2021) e sinala que os avances propostos ao abeiro destas peticións son “insuficientes”. Por este motivo, esixen que “sen dilación se proceda a facer os cambios necesarios e dotar de medios suficientes para facilitar o acceso das concelleiras a toda a información municipal que precisen para o exercicio das súas funcións”. E engaden: “Entendemos que este acceso cobra unha especial importancia democrática cando os concelleiros pertencen a grupos políticos coa oposición”.

SumaRibeira, relacionado co devandito, solicita os seguintes acordos:

1 Facilitar o acceso das concelleiras e dos concelleiros aos expedientes e información municipal. Para isto deberan implantarse cando menos as seguintes medidas: habilitar os medios precisos par que as concelleiras poidan consultar coa maior axilidade posíbel a información municipal que consideren necesaria, sen máis limitacións que as que veñan determinadas pola lexislación e nomeadamente a relativa ao dereito á información e á protección de datos e a intimidade das persoas; o Concello proporcionará aos concelleiros, preferentemente en soporte informático, cumprindo coas garantías que a legalidade establece, a información que consideren conveniente para o exercicio do seu labor.

2 Facilitar o acceso de veciñas e veciños aos expedientes a información municipal. Para dinamizalo terase en conta o seguinte: o cumprimento da legalidade aplicábel e, nomeadamente, a relativa ao dereito á información e á protección de datos e a intimidade das persoas; a compatibilidade deste acceso co normal funcionamento dos servizos administrativos municipais.

3 O Goberno municipal, en liña cos anteriores acordos, procederá a dar os pasos necesarios para o cumprimento sen demora dos acordos plenarios seguintes: proposición sobre achegas de impulso á transparencia municipal; e proposición sobre o fomento de accesibilidade á información municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.