Falece un mariscador en Santa Uxía de Rúa

28 Febreiro 2022

O helicóptero Pesca 1 trasladou a un mariscador de 38 anos de idade a primeira hora da tarde o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de que sufrise un desmaio na embarcación.

O home atopábase faenando nunha zona libre próxima á illa de Santa Uxía de Rúa, en Ribeira. Pouco antes das dúas da tarde, tripulantes doutra embarcación decatáronse de que xacía tendido na cuberta, polo que se chamou a emerxencias.

O centro de control de Salvamento Marítimo mobilizou ao helicóptero Pesca 1 e á embarcación Salvamar Sargadelos, procedendo ao seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Fontes hospitalarias confirmaron o falecemento do home veciño de Vilaxoán.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...