Unha muller atendida ao queimarse en Muros

28 Febreiro 2022

Unha muller tivo que ser atendida ao queimarse nunha man despois de orixinarse un incendio na cociña dunha vivenda, por mor dunha tixola ao lume, en Muros.

Concretamente, o incendio provocou danos na campá extractora e no mobiliario da estancia.

Os feitos sucederon nun piso dun edificio situado en Louro, uns minutos despois das dúas e media. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Muros, dos Bombeiros de Cee e da Policía Local.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión