O CEIP de Campanario celebra unha semana de portas abertas para dar a coñecer o seu proxecto educativo

23 Febreiro 2022

O CEIP de Campanario (Baroña, Porto do Son) está a acoller esta semana (dende o luns ao venres) unhas xornadas de portas abertas para mostrar os detalles do seu proxecto educativo entre as familias.

O obxectivo é poñer o foco nas liñas de traballo do colexio (moi envorcadas na innovación educativa e nas vertentes da docencia máis centradas na investigación e a creatividade), ampliar radio de acción e deste xeito incrementar a taxa de escolares. Esta actividade coincide coa celebración dos 70 anos de historia do centro, que se están conmemorar co seguinte lema: 70 anos medrando e aprendendo xuntos nun ambiente familiar e próximo.

Nas xornadas de portas abertas as nais e os pais poderán visitar as dependencias do colexio e coñecer o profesorado e o seu traballo didáctico. Para participar nestas actividades no CEIP de Baroña é necesario reservar cita chamando previamente ao teléfono 639 585 808.

Unha imaxe histórica do colexio de Baroña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.