A Xunta achegará 210.000 euros para a rehabilitación e a reforma enerxética dos Xulgados de Noia

21 Febreiro 2022

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, visitou Noia na mañá deste luns 21 de febreiro, co obxectivo de informar traballos para rehabilitar e mellorar enerxeticamente o edificio dos Xulgados locais, un proxecto incluído no Plan Especial de Protección e reforma interior do centro histórico de Noia. Rueda aproveitou a súa estadía na vila para avanzar que o Goberno galego vai destinar aos ditos traballos unha contía de 210.000. Tamén dixo que as obras terán unha duración de tres meses. “Permitirán mellorar a cualificación enerxética do edificio xudicial e acadar os niveis axeitados de iluminación e illamento térmico”, engadiu.

Alfonso Rueda estivo acompañado pola xuíza decana de Noia, Lorena Tallón; o delegado do Colexio de Avogados de Coruña, Manuel Blanco-Ons; o decano do Colexio de Procuradores de Santiago, Fernando González-Concheiro; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o alcalde de Noia, Santiago Abeijón.

Os traballos, máis en detalle

Serán retiradas as carpintarías existentes e substituiranse por unhas novas de castiñeiro laminado e vidro illante, a porta de madeira do acceso principal será restaurada así como as dúas dos balcóns. Será substituída a cuberta, incluídas carpintarías Velux, e mudarase tamén a iluminación. “Trátase”, dixo Rueda, “du paso máis na aposta firme e decidida por dotar aos profesionais e aos cidadáns dos mellores medios materiais ao seu servizo: tanto no punto de vista das infraestruturas xudiciais como no das novas tecnoloxías, rematou o vicepresidente da Xunta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.