Dous adultos e un bebé foron trasladados ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Muros

15 Febreiro 2022

Dous adultos e un bebé tiveron que ser trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela despois de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono.

Segundo a información facilitada polo GES de Muros ao 112 Galicia, a causa da intoxicación debeuse posiblemente á mala combustión dun quentador avariado na vivenda na que se atopaban os afectados, na rúa Porteliña, en Muros.

Foi á unha e media da madrugada cando o 112 Galicia recibiu a alerta do escape de gas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Muros, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.