Arrincan os traballos para pavimentar dous camiños en Oleiros: en Sacortes e a carón do cemiterio

15 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para pavimentar dous camiños situados en Oleiros: o do lugar de Sancortes e o que desemboca no cemiterio desta parroquia. Segundo fontes do Consistorio, ambos camiños posúen un firme de aglomerado asfáltico bastante deteriorado nalgúns treitos, polo que se considerou a conveniencia de executar esta obra coa fin de mellorar os seus firmes cun novo pavimentado.

Así, no que se refire ao camiño de Sancortes, aplicarase unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros na calzada (980 metros cadrados), previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie e extensión de saburra artificial nos sobreanchos.

Polo que respecta ao camiño do cemiterio, a mestura de bituminosa en quente a aplicar é de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 2.147 metros cadrados. Ao igual que na outra vía, con antelación limparanse as marxes, adecuarase a superficie e botarase saburra artificial nos sobreanchos.

A actuación está sendo desenvolvida por Nemesio Ordóñez, S.A. e supón un investimento de 31.619 euros, IVE incluído, financiados no marco do POS+ 2018.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.