Catro xuizos de menudeo de droga do Barbanza na Audiencia a próxima semana

11 Febreiro 2022

Segundo informa a Audiencia Provincial catro serán os casos por menudeo de drogas en Barbanza que chegarán a próxima semana aos xulgados da Coruña. Nas causas están acusados cinco veciños da comarca, un deles muller, por presuntos delitos contra a saúde pública tras ser interceptados por axentes da Policía Nacional e da Garda Civil con diversos estupefacientes. Todos foron instruídos polos xulgados de Ribeira.

  • O primeiro será o dun home que o 18 de febreiro do 2020 foi interceptado cuns 70 gramos de heroína de diversa pureza, así como como outros tres de heroína, cuxo valor total roldaría os 2.200 euros. Tamén lle incautaron 717 euros en efectivo. Fiscalía considera que debería impoñérselle unha pena de cinco anos de prisión e unha multa de 6.640 euros.
  • O segundo corresponde cun home que o 17 de xuño do 2020 presuntamente estaba no peirao da Pobra con 19 gramos de cocaína, que terían un valor de 1.400 euros. Tamén lle atoparon 170 euros en metálico. Fiscalía valora que os feitos constitúen un delito contra a saúde penado polo artigo 368 do Código penal. Tamén que se lle debería impoñer unha pena de catro anos de prisión e unha multa de 2.807.
  • O terceiro xuízo está dirixido contra un home que en marzo do 2017 foi parado polos axentes das forzas da orde portando oito bolsitas termoselladas de heroína e 16 de cocaína, cuxo valor ascendería ata os 400 euros. Solicítase unha pena de tres anos e medio de prisión e unha sanción económica de 815 euros.
  • No cuarto a Fiscalía pide penas de prisión para dous mozos que en xullo do 2020 foron detidos pola Policía Nacional cando, presuntamente, un home realizou a unha muller unha venda dunha importante cantidade de droga. Segundo o Ministerio Público, atoparon dous envoltorios de plástico, un de case 20 gramos de cocaína, e outro de 9 de heroína, así como 1.600 euros en efectivo. O valor dos estupefacientes sería de 3.500 euros pola cocaína e 1.800 pola heroína. Para ambos se solicitan penas de prisión de 3 anos e 11 meses, así como multas de 9.500 euros.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.