O ex-alcalde boirense, Xosé Deira, foi vítima este luns dun roubo na súa casa, situada en Exipto, na parroquia de Abanqueiro. O asalto tivo lugar en apenas minutos.
Pasadas as oito da tarde deste luns unha banda organizada entrou na vivenda familiar para levarse uns 6.000 euros en metálico e máis dunha trintena de xoias, cuxo valor pode roldar os 9.000 ou 10.000 euros.
Os ladróns entraron por unha horta posterior romperon os cristais dunha xanela dobre e estiveron uns 20 ou 30 minutos dentro a vivenda, onde desvalixaron catro habitacións. No momento do roubo non había ninguén no interior do inmoble, xa que tanto el como a súa muller foran ao centro de Boiro a recoller á súa neta. Entre as xoias subtraídas atópanse pendentes, pulseiras, aneis e tamén varias plumas de gran valor.
A investigación atopase en mans da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia, que tanto durante a noite do luns como na mañá deste martes acudiu ao inmoble para buscar pistas que permitan dar cos ladróns. A principal hipótese é que se trata dun grupo itinerante, que entraron un par de persoas e que outra as esperou nun vehículo para levarllas, e que ademais estarían estudado os movementos de todo a veciñanza.




