O alumnado de secundaria de Ribeira asiste este xoves á representación de Bravas, de Isabel Risco

08 Febreiro 2022

Este 10 de febreiro represéntase no Auditorio de Ribeira a obra Bravas, de Isabel Risco. Farase en dous pases gratuítos (10 e 12.15 horas) para os centros de ensino secundario.

Isabel Risco é a protagonista da función, que é o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas cunha proposta que foi galardoada na terceira edición do Premio Luísa Villalta da Deputación.

A peza, segundo lembra o Concello de Ribeira, fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII: “É unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres”.

Para este espectáculo, Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.