Natalia Prieto comproba en Noia os traballos levados a cabo para eliminar o gas radon no Consistorio

04 Febreiro 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou este 4 de febreiro as obras levadas a cabo en Noia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, polo que o Goberno galego destinou o ano pasado preto de 30.000 euros á mellora enerxética e eliminación de gas radon na Casa Consistorial.

En concreto, o Concello substituíu o sistema de iluminación da fachada, o vestíbulo e o salón de plenos por iluminación con lámpadas LED que permite máis aforro e unha diminución da contaminación lumínica no exterior do inmóbel.

Amais, leváronse a cabo obras de encintado dos muros para reducir o seu deterioro e diminuír as emisións do gas radon, prexudicial para a saúde das persoas.

A directora xeral de Administración Local subliñou que as obras levadas a cabo polo Concello de Noia contaron co apoio do Goberno galego porque “supoñen un importante aforro enerxético na Casa Consistorial” e “unha maior salubridade do edificio”, obxectivos que se axustan á finalidade para a que foi creado o Fondo de Compensación Ambiental, que ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sustentábel dos municipios galegos.

Ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental a Xunta tamén financia a compra de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, xunto con iniciativas encamiñadas á protección do ambiente e dirixidas a evitar a degradación e deterioración ambiental, a acadar unha mellor integración paisaxística na contorna. Ao abeiro desta liña de traballo, o Concello de Noia beneficiouse dunha achega plurianual do Goberno galego para a adquisición, polo sistema de renting, dun todoterreo eléctrico para a Policía Local, coa intención de substituír os vehículos de alta contaminación e emisións de gases de efecto invernadoiro por outros máis máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. A Xunta aportará máis de 33.000 euros para o financiamento deste vehículo.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.