A Xunta desenvolve en Ribeira un curso de prevención de riscos laborais no sector forestal

30 Setembro 2019

20190930. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta tarde, en Ribeira, na inauguración dun curso en materia de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra.

Trátase dunha acción formativa de 20 horas de duración na que os asistentes recibirán formación teórico práctica sobre seguridade e saúde no sector forestal, prevención de riscos coa motoserra, planificación dos traballos de aproveitamento e información sobre a corta polo pé e o procesamento, ademais de primeiros auxilios. O módulo práctico centrarase no manexo seguro da motoserra, así como en técnicas de apeo, derramado e tronzado.

O curso forma parte da campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) de prevención de riscos laborais no sector forestal. A formación compleméntase con accións de sensibilización e reparto de material formativo editado nunha linguaxe “sinxela e clara, con imaxes gráficas que facilitan a súa comprensión.”

Tal e como subliñou a secretaria xeral, o obxectivo é “promover coñecemento para un traballo seguro” e, deste xeito, “diminuír a sinistralidade laboral no sector forestal, nunha actividade con singularidades de seu que dá resposta a unha demanda recibida das propias empresas forestais.” O material informativo fai fincapé en aspectos coma a planificación, a coordinación e comunicación ou mantemento da maquinaria, así como manipulación manual de cargas. A acción enmárcase na Estratexia de seguridade e saúde no traballo ata 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.