O parque infantil da Lombiña está dispoñible para uso e desfrute da veciñanza

28 Xaneiro 2022

Nesta tarde efectuouse no municipio pobrense a inauguración do parque infantil da Lombiña tralo
proceso de rehabilitación ao que foi sometido nos últimos meses, o cal foi detallado polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); e a deputada provincial, Sandra González. O acto de reapertura tamén contou coa asistencia de veciñanza e membros da corporación municipal. Ademais, dispuxéronse na contorna actividades infantís, pintacaras e chocolatada.
Adscrito aos investimentos financeiramente sostibles do POS+2021 da Deputación da Coruña, o proxecto supuxo a execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas: varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado. Ademais, dispúxose un peche perimetral de madeira.
As obras foron executadas pola empresa Ouri Entretenimientos S.L. por un importe total de 46.878’46 euros, IVE incluído -32.000 euros procedentes do ente provincial e 14.878’46 euros da Administración local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.