A parada de taxis de Ribeira trasládase á rúa Otero Pedrayo

30 Setembro 2019

20190930. A parada central de taxis de Ribeira muda de lugar. Trasládase así da rúa Rosalía de Castro a Otero Pedrayo. Hoxe mesmo comezou a funcionar este servizo público no seu novo emprazamento, estando a cabeceira orientada cara á praza do Concello.

O cambio vén dado polas obras de humanización da rúa Rosalía de Castro, actualmente en marcha e nas que se vai ampliar o espazo reservado aos viandantes en sintonía coas intervencións realizadas noutras zonas da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.