Apoio masivo do Barbanza ás Tanxugueiras para que represente a España en Eurovisión

26 Xaneiro 2022


As redes sociais énchense de mensaxes de apoio ao trío de pandereteiras de Galicia e, en especial, á ribeirense Aída Tarrío, horas antes da semifinal do Benidrom Fest.


“Ribeira coas Tanxugueiras, Ánimo Aída!” é a mensaxe de apoio que nas últimas horas está a multiplicarse nas redes sociais como Facebook ou Twitter da comarca coruñesa do Barbanza, de onde é oriúnda unha das integrantes do trío de pandereteiras que busca representar a España no Festival de Eurovisión co seu tema “Terra” que xa tivo máis de 2,6 millóns de visualizacións en Youtube.

Concretamente Aída Tarrío, natural de Ribeira e que xunto ás irmás Olaia e Sabela Maneiro, están a provocar unha auténtica revolución da música tradicional en Galicia cun paso cara ao festival intenacional que, sexa cal for o resultado das seminfinales do Benidorm Fest que comezan este mércores, serviu para que “Terra” converteuse nun dos temas de máis impacto en Galicia, veremos se tamén en España e Europa, dos útimos anos.

Boa mostra diso é o apoio que está a recibir o trío galego horas antes de que se celebren esas semifinais na cidade alacantina e que en Ribeira e toda a comarca do Barbanza, están a ter unha especial signifcación.


Un apoio que non só se está facendo desde asociacións vinculadas á capital barbancesa de Ribeira e desde o seu Concello, senón desde outros veciños como o de Porto do Son, ademais de partidos políticos e cidadáns que cos seus comentarios non deixan de apoiar unha candidatura que provoca un sentimento compartido de “orgullo polo noso”.

Apoio que chegou tamén desde a Xunta de Galicia coa mensaxe difundida en redes sociais polo perfil oficial da Consellería de Cultura @ CulturaXunta no que mostran o seu apoio total ás tres novos pandereteiras na aventura cara a Eurovisión que pasa polo Benidorm Fest.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.