Licitado o saneamento e o abastecemento de auga nas Lombas, en Palmeira

26 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación a instalación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga no lugar das Lombas, na parroquia de Palmeira. A actuación vén cunha contía de 206.774,49 euros.

No dito lugar instalarase unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 578 metros de lonxitude, ademais de 23 pozos de rexistro. A través do colector levaranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se instalará un pozo de bombeo. De aquí as augas impulsaranse por outra tubaxe, neste caso de polietileno de alta densidade de 549 metros de longo e 90 milímetros de diámetro, ata a súa conexión coa rede xeral.

Para as obras de abastecemento instalarase unha canalización de 500 metros de longo e 75 milímetros de diámetro, xunto con dúas válvulas de composta, dúas válvulas de baleirado e dúas ventosas.

A actuación está enmarcada no POS+21 e ten un prazo de execución de cinco meses.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.