O Foro Económico e Social da Deputación radiografía a realidade da provincia da Coruña

24 Xaneiro 2022

No encontro tratouse o nivel de execución das infraestruturas estratéxicas, os prezos no ámbito enerxético, a actividade industrial e a necesidade de “potenciar a formación para crear novas oportunidades laborais”

Ao remate da sesión, González Formoso sinalou a necesidade de impulsar a formación para o emprego e “explorar as potencialidades da provincia, sobre todo no ámbito enerxético e no da investigación para poder ofertar oportunidades laborais no país para a mocidade”

Destacouse o escenario de oportunidades que abren a Cidade das TIC na Coruña e o polo biotecnolóxico da Sionlla, en Santiago, para desenvolver dous sectores fundamentais para o futuro do país. A Deputación destinará este ano 8,3 millóns de euros ao PEL “máis social e sostible”.

O Foro Económico e Social (FES) da Deputación da Coruña reuniuse esta mañá no Pazo de Mariñán, en Bergondo, para reflexionar e analizar a situación social e económica da provincia co fin de deseñar plans estratéxicos nos eidos clave para o futuro do territorio coruñés.

O encontro estivo presidido polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e contou coa participación das forzas sindicais, a patronal, as dúas universidades da provincia (Universidade da Coruña e Universidade de Santiago de Compostela), así como outros axentes sociais. Todos eles abordaron temáticas como o desenvolvemento industrial, o prezo da enerxía, o emprego e a loita contra a covid-19.

Segundo sinalou González Formoso, na reunión do Foro analizáronse os parámetros cos que pecha o 2021 a provincia coruñesa en relación ao emprego e á recuperación da actividade industrial, así como as perspectivas que teñen o Banco de España e entidades bancarias de crecemento para este ano. “Abordamos tamén a situación de presión alcista que estamos a vivir con respecto aos prezos no ámbito enerxético e, en xeral, en todos os elementos de consumo industrial e social”, manifestou Formoso.

Ao longo da sesión tamén se falou do nivel de execución das “infraestruturas estratéxicas” para o país como a chegada do AVE ou a conexión ferroviaria dos portos exteriores da Coruña e Ferrol, así como das “potencialidades que hai que explorar, sobre todo no ámbito enerxético e no da investigación para poder ofertar oportunidades laborais no país para a mocidade”, argumentou o presidente provincial á saída do Foro.

Neste sentido, un dos temas abordados na reunión de hoxe foi o “escenario de oportunidades” que abren tanto a Cidade das TIC na Coruña coma o polo biotecnolóxico da Sionlla, en Santiago, para desenvolver dous sectores fundamentais para o futuro do país.

Ao longo da sesión de hoxe, as persoas participantes traballaron en ámbitos estratéxicos para o territorio, aportando novas liñas de actuación no que respecta á demografía, á formación, á igualdade de oportunidades e ao emprego, en consonancia cos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible 2020-2023 (ODS) e o Plan de Recuperación e Resiliencia. Todo isto sen perder de vista que estes eixos estratéxicos deben, ademais, contribuír á mellora dos sectores produtivos clave, como son o agropecuario, o pesqueiro, o marisqueiro e acuícola, o comercio, o turismo e os servizos sociais.

A Deputación dedicará 8,3 millóns ao PEL máis social e sostible

En relación ao eido do emprego, o deputado responsable desta área provincial, José Ramón Rioboo, destacou a necesidade de “potenciar a formación para o emprego, que é un dos principais piares para o acceso ao mundo laboral”. O deputado sinalou as oportunidades que pode presentar o feito de “involucrar á empresa privada de diferentes sectores para potenciar a formación, sobre todo na mocidade”. Rioboo expresou que nesta faceta “temos que incidir desde as administracións”, facilitando a transferencia de coñecemento do mundo académico ao empresarial.

O deputado explicou que “quizais hai que impulsar o I+D a nivel educativo” e incidir na problemática coa que se atopan a industria e as empresas, “que denotan falta de man de obra en ámbitos coma o transporte ou o téxtil”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.