Licitadas instalacións nunha trintena de peiraos entre eles Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión e Rianxo

22 Xaneiro 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de mellora de defensas e medios de amarre nunha trintena de peiraos de actividade pesqueira de todo o litoral galego. Esta actuación sae a concurso cun orzamento base de licitación de 2,3 millóns de euros.
Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 31 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O obxecto das obras proxectadas é mellorar as condicións de amarre das embarcacións, xa que as defensas protexen e absorben o impacto de colisións barco-peirao durante o amarre das embarcacións. Ademais, a distribución das defensas favorece un mellor aproveitamento das zonas de atraque. Por este motivo instalaranse preto de 2.000 metros
de novas defensas verticais de caucho para distintas cargas e máis de 100 escalas de gato de aceiro inoxidable. Ademais melloraranse 340 defensas de rosario existentes e instalaranse 10 bolardos de amarre de fundición para 30 e 15 toneladas.
En concreto, as obras abarcan a dous portos da Zona Norte (costa cantábrica), que son Burela e Cedeira; 18 da Zona Centro (litoral atlántico da provincia da Coruña), en concreto Pontedeume, Sada, Lorbé, San Pedro de Visma, Suevos, Malpica, Santa Mariña (Ponteceso), Corme, Laxe, Camelle, Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión e Rianxo; e 9 da Zona Sur (provincia de Pontevedra), que son Tragove, O Grove, Bueu, Cangas, Moaña, Meira, San Adrián, Baiona e A Guarda.

Portosín

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...