Localizado unha persoa deambulando por Xenxides co pantalón do pixama do Hospital

21 Xaneiro 2022

A Policía Local de Ribeira informa de que ás 13.20 de hoxe recibiu unha chamada do 112 informando de que un veciño alertara de que un home de preto de 60 anos deambulaba por Xenxides vestido, entre outras prendas, co pantalón do pixama do veciño Hospital da Barbanza.

Chegada unha patrulla ao citado lugar puideron atopar a esta persoa, de 54 anos de idade, quen explicou aos axentes que se marchara do centro hospitalario sen querer firmar a alta voluntaria porque, sempre segundo a súa versión, lle faltaba un reloxo, un teléfono e as chaves.

Supervisando as anteriores actas policiais da xornada, dáse a circunstancia de que se trata do mesmo individuo que foi atopado espido e en mal estado ás 6.20 horas desta madrugada na rúa Rosalía de Castro, razón pola cal se avisara ao 061 para o seu traslado ao Hospital da Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.