En marcha o proceso de selección dos participantes do programa de emprego de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois

14 Xaneiro 2022

Co novo ano comezou o proceso de selección dos participantes no Programa Integrado de Emprego de Concello de Dodro 2021/22, organizado conxuntamente polos Concello de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial dos catro concellos participantes, que estean inscritas como demandantes de emprego na oficina correspondente e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración.

O obxectivo principal desta iniciativa dos catro concellos é “mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos/as participantes a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento, formación para o emprego, obradoiros de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, realización de prácticas non laborais e fomento do emprendemento”.

O programa desenvolverase nos próximos meses e ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do 37% das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica e téxtil. Os beneficiarios do programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás accións do programa.

Segundo informaron os concellos, as persoas desempregadas que desexen participar deben de estar dadas de alta na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e interesadas na realización deste tipo de programas. Tamén se ofrece a posibilidade de solicitar a participación no procedemento de selección directamente no Concello de Dodro, a través do departamento municipal de emprego, acudindo ao concello ou chamando ao 981 802 062.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.