Aparatoso accidente sen feridos na autovía de Barbanza

08 Xaneiro 2022

Bombeiros, axentes da Policía Local de Rianxo e Garda Civil conformaron o dispositivo que esta mañá despregouse na autovía de Barbanza, á altura de Vilas, onde se produciu un aparatoso accidente.

Un turismo saíuse da calzada pouco antes da nove desta mañá e colidiu contra a mediana, para acabar chocando despois contra os gardarraíles ao lado contrario. As dúas persoas que viaxaban no vehículo resultaron ilesas.
Foi necesario regular o tráfico mentres se retiraba o coche e limpábase o tramo afectado, posto que as pezas que se desprenderon do turismo quedaron esparexidas polos dous carrís en dirección Ribeira e mesmo algunha saltou ata o outro lado da mediana.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu en accidente no alto de Vilas, na AG11 km15 no Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...