O ciclo AMAL segue en Rianxo co documental ‘Zagros’

26 Setembro 2019

20190926. Continúa en Rianxo o Ciclo de Cine Euroárabe AMAL en ruta co documental Zagros, de Sahim Omar Kalifa -ás 21.00 horas-. Trátase dunha peza audiovisual que narra a historia dun pastor que vive nunha aldea kurda coa súa muller embarazada, Havin, e a súa filla Rayhan. O seu pai dille que as persoas rumorean sobre Havin, dicindo que ten unha aventura e acusándoa de adulterio. Zagros elimina as preocupacións de seu pai mentres confía na súa esposa e négase a dar crédito aos rumores. Pero a longametraxe conta o destino tráxico desta parella. Coa filla de ambos, a muller fuxe de Kurdistán a Bélxica. Convencida da súa inocencia, Zagros decide buscala en Bélxica co obxectivo de comezar xuntos unha nova vida. Pero en Bruxelas, descóbrese que Havin non dixo toda a verdade, polo que Zagros comeza a dubidar. Unha decisión cada vez máis difícil que irá sumindo ao protagonista na desesperación.

A cinta foi a primeira longametraxe do director, conseguindo alzarse co Gran Premio do Festival de Gante. Sahim Omar Kalifa naceu en 1980 en Zakho, no Kurdistán iraquí. É un cineasta belga-kurdo radicado en Bélxica. No 2008 obtivo o seu máster en cine no Saint-Lukas Film School, en Bruxelas. Kalifa gañou 96 premios internacionais coas súas curtametraxes Land of héroes, Bagdad Messi e Bad Hunter. Ademais, foi preseleccionado aos premios Óscar en dúas ocasións.

As outras pezas audiovisuais a proxectar serán Of fathers and sons, de Talal Derki -o venres 27, ás 20.30 horas-; Sheikh Jackson, de Amra Salama -o venres 27, ás 22.30 horas-; Ghost Hunting, de Talal Derki -o sábado 28, ás 20.30 horas-; e El Cairo confidencial, de Tarik Saleh -o sábado 28, ás 22.30 horas-.

As entradas son de balde e ata completar a capacidade da sala Arcos Moldes do Auditorio municipal, desde unha hora antes das sesións.

Este evento, organizado en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, percorre o cine árabe actual. A cita, que se estenderá ata o sábado 28, trátase dunha versión resumida da Semana do Cine Euroárabe AMAL 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.