Os socialistas de Ribeira formularán preguntas en pleno sobre o aviso para a retirada de embarcacións en varios areais

25 Setembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

20190925. O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense vén de presentar unha cuestión que levará a pleno para a súa contestación sobre o aviso para retirar as embarcacións varadas na praia da Rebeira, O Castro e Areeiros, realizado presuntamente pola Demarcación de Costas de Galicia. Nese documento ínstase aos propietarios a retiralas dos areais de maneira inmediata e, segundo indica a formación, “probablemente tamén sobre as que están fondeadas na beira do mar.”

Concretamente a notificación sinala “Aviso. Debe proceder a la inmediata retirada de esta embarcación del dominio público marítimo terrestre. Demarcación de Costas de Galicia.”

Os socialistas manifestan que “desde tempo inmemorial, as embarcacións tipo Dorna dos mariñeiros de Carreira e Aguiño varan e fondean os barcos nesa praia, por estar moito mais resgardada das inclemencias do inverno, e poder sair a faenar dentro da ría de Arousa.”

Debido a que os areais están dentro da extensión do concello de Ribeira, o PSdeG-PSOE municipal formula as seguintes cuestións: ” 1. Sr. Alcalde, pode decirnos o motivo destes Avisos, aos que nadie lle encontra explicación, xa que as embarcións varadas e fondeadas non molestan a ninguén, todo o contrario? 2. Pode facer algunha xestión para resolver esta incomodidade para os mariñeiros que teñen por costume usar ese lugar para varar e fondear as súas embarcacións, xa que un cambio de ubicación faría que non pudesen ir a traballar no inverno, tanto a mariscadores, como a pescadores de liña?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.