Aberto o prazo de solicitude de axudas para os clubs de Ribeira

24 Setembro 2019

20190924. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) anuncia hoxe a apertura da convocatoria de axudas dirixidas a clubs do Concello de Ribeira para a promoción das súas actividades durante o exercicio de 2019. A administración local dispón dunha partida por importe de 120.000 euros para este apartado.

Os destinatarios deben reunir unha serie de requisitos entre os que se atopa ter o domicilio social ou sede no municipio ribeirense; estar inscrito no Rexistro Municipal de Clubs, cun mínimo dun ano de participación en actividade deportiva federada; contar cun número mínimo de 20 socios; non incorrer en ningún caso de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas; estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de Ribeira; e non ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, salvo que se concedese unha prórroga.

Polo demais, as bases que regulan a concesión das axudas son as que se recollen na correspondente ordenanza de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, publicada no BOP o 29 de maio de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, iniciado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP; mentres que o prazo de xustificación das axudas será do 1 ao 31 de xaneiro de 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.