O xulgado conclúe o sumario por agresión sexual do asasino de Diana Quer á súa cuñada e remíteo para xuízo

15 Decembro 2021


O Xulgado de Instrución número 2 de Noia declarou concluído o sumario da causa na que se investigou ao asasino da moza madrileña Diana Quer, J.E.A. G., por unha agresión sexual á súa cuñada en xaneiro de 2005 cando tiña 17 anos, e ordenou a súa remisión á Audiencia Provincial da Coruña para o seu axuizamento.
Así o informou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que sinala que a xuíza indica no auto, contra o que cabe presentar recurso, que ao longo da instrución practicáronse “cantas dilixencias estimáronse útiles e necesarias para o esclarecemento e comprobación dos feitos, participación que tivo neles o procesado e as circunstancias que na súa comisión concorreron”.

O sumario foi incoado en xaneiro de 2005 e, en agosto dese ano, decretouse o sobresemento provisional e arquivo da causa, que foi reaberta en marzo de 2018.

Nela, a xuíza asegura que das dilixencias de instrución practicadas “despréndense indicios bastantes” de que o investigado realizou “actos atentatorios contra a liberdade sexual” da denunciante.

A instrutora tamén sinala no auto de procesamento que os feitos revisten, salvo ulterior cualificación, os caracteres dun delito de agresión sexual con penetración vaxinal, coa concorrencia das agravantes de prevalimiento, pois a vítima era a súa cuñada e tiña 17 anos, e de cometer a agresión facendo uso de arma branca, apuntan as mesmas fontes xudiciais.

Así, destaca que o relato da vítima durante todos estes anos “foi coherente e consistente” e que se corroborou “polo resultado doutras dilixencias de investigación”.

O feito de que J.E.A. G. fose condenado polo asasinato de Diana Quer, cometido en agosto de 2016, e por tentar agredir sexualmente a unha moza en Boiro en decembro de 2017, “reforza os indicios de veracidade” da denuncia da súa cuñada, segundo sostén a instrutora, pois se constata “o mesmo modus operandi”, conclúe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.