Valentín González Formoso preside a nova executiva dos socialistas galegos coa fin de conectar coa cidadanía

14 Decembro 2021

O secretario xeral do PSdeG- PSOE, Valentín González Formoso, anunciou unha Executiva do PSdeG “moi autoesixente,co obxectivo claro de ser propositiva”. O líder dos socialistas galegos presidiu hoxe en Santiago de Compostela a primeira reunión da Comisión Executiva Nacional Galega – CENG- logo do 14 Congreso dos socialistas galegos.
González Formoso puxo como obxectivo prioritario establecer un fluxo de traballo “á vangarda das propostas e solucións” de utilidade para o país, que comezou coa primeira toma de contacto para “ordenar prioridades” e comezar a traballar dende o PSdeG-PSOE.
O responsable socialista sinalou que o partido concluíu o Congreso “máis forte do que estaba” logo dun encontro que “reforzou a mensaxe municipalista” co obxectivo nidio a 17 meses vista, “onde temos que afrontar o exame que máis nos gusta aos socialistas, que é o da cidadanía”.
Sinalou que a nova Executiva comeza a súa andaina coa vista posta nas próximas eleccións municipais, para as que “temos que poñer toda a maquinaria e o talento do partido a punto para conformar proxectos nos 313 concellos de Galicia”. Uns proxectos, dixo, “que conecten cos destinatarios, que é a cidadanía galega”.
Logo do Congreso autonómico, sinalou, compre afrontar os 4 congresos provinciais, que se desenvolverán “na clave de sumar” configurando un “marco ordenado de congresos enriquecedores para o socialismo galego”.
Portavoz parlamentario
En resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG-PSOE anticipou que será a próxima Executiva, programada para as primeiras semanas do próximo ano, a que designe ao novo portavoz parlamentario.
González Formoso explicou que “hai distintas posibilidades” para asumir a responsabilidade, que será decidido “unha vez establecidas as prioridades de funcionamento da CENG e vendo cal é o perfil da persoa que teña que ser portavoz do socialismo galego no Parlamento”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.