Noia inaugurou o seu alumeado de Nadal e o belén animado de Santa María A Nova

05 Decembro 2021

Na tarde do pasado 2 de decembro inaugurouse en Noia, oficialmente, o alumeado e a decoración urbana de de Nadal impulsada polo Concello, un engalanamento de rúas e prazas que proseguirá ao longo dos vindeiros días.

Ao acto asistiron o alcalde Santiago Freire algúns dos concelleiros e os rapaces da Asociación Misela.

Ademais, xa se pode visitar en Noia o belén animado da igrexa de Santa María A Nova.

O horario de visitas será de luns a sábado, de 10:30h a 13:30h e de 16:00h a 20:00h. Os domingos poderedes visitalo so en horario de mañá de 11:00h a 14:00h.

Dende o Concello de Noia lanza un convite á cidadanía para visitar e desfrutar “este peculiar, interesante e tradicional nacemento que xa forma parte do Nadal da nosa vila”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.