Soledad Felloza chega a Ribeira coa sesión de contacontos titulada ‘Bolboretas’

23 Setembro 2019

20190923. A Biblioteca municipal de Ribeira acollerá mañá, martes 24, ás 18.00 horas, unha nova función de contacontos. Baixo o título Bolboretas, a contadora e activista cultural, Soledad Felloza, ofrecerá un espectáculo aos cativos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e ás súas familias.

Esta cita enmárcase nas accións promovidas desde o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para fomentar a formación en igualdade das crianzas que visitan as bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia co seu programa Ler Conta Moito. Igualdade.

A actuación desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas, espazo anexo á biblioteca.

Esta actividade dálle continuidade á que tivo como protagonistas a Os Quinquilláns Teatro coa proposta A fábula do espantallo, o pasado sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.