Pesar en Ribeira polo pasamento de Josefa Casais “Pastelería Fina”

28 Novembro 2021

Josefa Casais Pouso, a fundadora da Pastelería Fina, faleceu este sábado falecía aos 91 anos de idade.

O seu pasamento deixa un gran pesar en Ribeira onde era moi coñecida e querida , sendo lembrada como unha persoa alegre e sempre disposta a axudar ao próximo.

Josefa Casais puxo en marcja en 1959 o seu propio negocio, a Pastelería Fina, un establecemento que aínda hoxe é un referente na cidade. Inicialmente era unha panadería, dedicada fundamentalmente á elaboración e venda de roscas, biscoitos e empanadas. Estaba situada nas inmediacións da casa do concello.

Co tempo trasladou o negocio a un local situado no Malecón da cidade onde comenzou como reposteira, ata o punto de que a fama das súas tortas e pasteis estendeuse a toda a comarca. Posteriormente trasladouse a outro local maior tamén no mesmo Malecón. Tras a súa xubilación, un dos seus fillos tomou as rendas do negocio.

O seu enterro celebrose na tarde deste domingo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.