Posible erradicación en Galicia da couza guatemalteca da pataca

25 Novembro 2021

A. Luaces.- Os datos de seguimento da couza guatemalteca da pataca mostran un avance significativo na súa contención previa a unha posible erradicación en territorio galego.

Un total de 16 concellos das provincias da Coruña e Lugo quedan totalmente escluídos das zonas demarcadas, libres polo tanto da presenza desta praga de corentena.

En seis concellos demarcados (Cariño, A Larcha, Arteixo, Muxía, Burela e Trabada) séguese detectando presenza deste organismo nocivo, polo que seguirán permanecendo, ben na súa totalidade ou nalgunha parroquia concreta,  na zona infestada.ASs trampas en campo e en explotacións, mostran un avance signficativo na contención desta praga dee corentena, un paso previo a unha posible erradicación, segundo os datos estudados pola Comisión de seguimento rteunida este mércores en Santiago.

Polos últimos datos de capturas, quedan totalmente libres desta praga os concellos de Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes, As Somozas, Cee e Fisterra, na provincia da Coruña. Na de Lugo saen da zona demarcada os concellos de Abadín,Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto.Doutra banda, pasan a considerarse zona tampón a totalidade da superficie dos concellos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón,  San Sadurniño e Valdoviño. Tamén pasan a esta demarcación as parroquias de Bardullas, Buiturón, Cabrerta, Couceiro, Frixe, Mosquintián, Nemiña,. Tpouriñán e Valllistosa, de concello de Muxía; así coko unha franxa dons 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta a pàrcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo e as parroquias de Monbteagudo, Barrñán e Armentón, no concello de Arteixo; Rebordaos, Vilela e Noicela, no concello de Carballo; Cabovilaño, Lemaio e Torás, no concello da Laracha; Cariño, Feás, Landoi e Sismundi, no concello de Cariño.

Na provincia de Lugo, a zona tampón supón os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove; ademáis das parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Vilaformán e Vilapena, no concello de Trabada.

En todas estas zonas tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente deswpois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. E canto aos operadores de pataca de semente deberán levar o rexistro de información dos compradores deste tubérculo de semente e ter instalado no local destinado a almacén trampas de feromona específica para a captura da Tecia solanivora.

Doutra banda, incorpórase a parroquia da Pedra (Cariño) á zona infestada  pola existenza da praga da couza; as parroquias de Soriizo e Chamín (Arteixo); Lendo e Caión (A Larcha); Nosa Señora a O, Leis, Muxñia, Moraime e Ozón (Muxía). Na provincia de Lugo considérase infestada a totallidade da superficie do concello de Burela e a parroquia de Trabada no concello deste nome.

En todas estas zonas queda prohibjido o cultivo de patacas e os operadores de semente non poderán ter existencias nin comercializar este tipo de pataca. Queda prohibido asimesmo a saída de pataca de consumo da zona infestada agás no caso de tránsito, onde o vehículo deberá ir totalmente pechado cunha estrutura ríxida ou cunha lona protectora que se axuste perfectamente coa caixa do camión e impida calquera contacto das patacas co exterior. Se o motivo da entrada do tubérculo na zona infestada é subministrar este produto dentro desa zona,, en ningún caso a pataca que entrou poderá sair da mesma.

couza guatemalteca da pataca

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.