Os socialistas de Noia piden mellorar a iluminación nas rúas onde foron instaladas novas lámpadas LED

24 Novembro 2021

O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate no pleno deste xoves unha moción para a mellora da iluminación na vila. A agrupación considera que a redución do consumo no cambio de luminarias por novas tecnoloxías sustentábeis “é un cambio necesario que se está a levar a cabo na maioría dos concellos, pero non debe acontecer que este cambio implique ter unha iluminación deficiente como está acontecendo nalgúns lugares de Noia”.

Os socialistas , neste senso, alertan de que nas últimas semanas están a recibir queixas e consultas da veciñanza, que considera que hai rúas que “non teñen unha iluminación mínima para poder percorrelas cando cae a noite”. Neste grupo de emprazamentos pouco iluminados encádrase, segundo enumera o PSOE, contornas como poden ser a Alameda, os malecóns ou o paseo marítimo, a maiores do Campo de Fútbol, “un lugar moi percorrido en horas nocturnas polas actividades deportivas que se realizan polas tardes”.

O voceiro socialista Roberto Iglesias indica que “é evidente que hai rúas que perderon moita luminosidade ca substitución de luminarias por lámpadas LED, ao non levar a cabo as modificacións precisas nas luminarias, como a instalación de cristais para mellorar a expansión da luz que emiten. Non pode ser que a cidadanía deixe de ir por determinadas rúas porque carecen da luz mínima para transitar por elas”.

Os socialistas solicitan identificar as contornas que actualmente non teñen a iluminación suficiente, e posteriormente realizar as accións precisas para mellorala, coa instalación de cristais ou reflectores nas luminarias actuais, ou complementándoa con novos puntos de luz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.