Este venres 26 de novembro o Centro Social de Boiro vai dar acollida a unha charla encadrada no ciclo Muller e Saúde, que organiza área de Feminismo e Igualdade do Concello. A cita será ás 16.30 horas e celebrarase baixo o epígrafe Habilidades emocionais, manexo do estrés e ansiedade. As inscricións poden facerse no 981 84 99 60 ext. 1285.
Este venres Talía Teatro representa a súa peza “deseXo” na Casa da Cultura de Boiro
A Casa da Cultura de Boiro acolle este 3 de maio a estrea na nosa comarca de deseXo, unha peza para público adulto a cargo de Talía Teatro. Será ás 21.00 horas deste venres. A función lanzaralle ao público a seguinte listaxe de preguntas: Como foi a nosa educación...