O Concello de Rianxo e Piscina Municipal organizan o día 27 unha andaina contra a violencia machista

19 Novembro 2021

Dentro dos actos previstos do 25-N, o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Piscina Municipal organizan o vindeiro 27 de novembro unha actividade colectiva, participativa e cidadá: a Andaina Rianxo en Negro. Desenvolverase o sábado 27 a partir das 9 horas.

O percorrido, segundo confirmou o Concello, está aínda en fase de deseño, pero sábese que terá arredor de 15 quilómetros e que será de dificultade media, por camiños de Rianxo, Asados, Isorna e Leiro (pode haber variacións).

As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes, nos pavillóns municipais e na Piscina Municipal ata as 14 h. do xoves, 25 de novembro. Será de balde e só poderán participar persoas maiores de 14 anos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.